Obradoiros

Aprende cómo traballan torneiros de primeiro nivel.

Conferencias

Charlas técnicas e prácticas para profesionais do sector.

Demostracións

Demostracións en vivo por parte dos relatores de cara ó publico.

Compras

Venda de maquinaria, ferramenta e publicacións profesionais.

CONtornos: exposición itinerante de madeira torneada

Todos os anos organizamos esta exposición itinerante na que poderás ver as mellores pezas que participan no Encontro.

Torneiras-os participantes

Fernando Verez

Fernando Verez Tojeiro naceu en As Pontes xa marcado pola inquedanza e curiosidade por todo o que o rodeaba. Dúas cuestións vitais reinaron na súa vida: o amor pola súa familia e a complicidade coas labras.
Foi prudente, respectuoso, honesto e solidario; home bo e xeneroso que se instalou no corazón den quen tiña preto. Achegábase a xente grazas a seu discurso vital inconfundíbel, harmónico e sinxelo.
Era pura intuición artística: coñecía profundamente as técnicas, tiña cousas que dicir e, o mais importante, capacidade para facelo; as súas pezas posúen un deseño que as fan fermosas dende a súa concepción.
Fernado, que foi promotor, coordinador, relator nalgunhas edicións e por sempre alma dos Encontros, finou na primavera do 2014.

Manuel Castro

Manuel Castro Romero (ou Lolo de Severiano) naceu en As Pontes no ano 1948, di de si mesmo que de pequeno durmía entre as labras namentres o pai torneaba; procede dunha familia de longa traxectoria no oficio onde os segredos da profesión transmitíanse coma herdanza tan valiosa como a mesma terra.
Lolo de Severiano é “O Mestre” no traballo coa llerga, ferramenta propia desta zona que el mesmo forxa, tempera e afía.
Como outros grandes artistas posúe esa intuición que o fai único onde xungue coñecemento, experiencia e capacidade creativa mais, por riba disto, pódese destacar a súa humildade, xenerosidade e habilidade para facer posible o improbábel: tornear de oído e case que cos ollos fechados.
adera@adera.es
www.adera.es

Adrián Pena

Adrián Pena Iglesias naceu en Vigo no ano 1980.
En abril de 2010 coñece a José García Otero e Fernando Vérez Tojeiro nunha demostración perto da súa casa quedando con gañas de saber mais sobre o torneado. Logo achégase os X Encontros de Torneiros en Xemade e fai varios cursos con Fernando Veréz.
Despois deses primeiros contactos practica canto pode e aprende de tódolos cantos torneiros pode viaxando a Lugones (Asturias) Málaga, Madrid, Barcelona, Birmingham, etc.
“Considero-me un namorado do torneado artístico con gañas de aprender e experimentar diferentes técnica cá finalidade de ceibar a miña imaxinación e tento así facer todo canto se me pasa polos miolos sendo unha persoa creativa”.
Participa activamente en exposicións con pintores da comarca e é socio das asociacións de amigos da madeira Les Forgaxes e As Pontes.

Espazo colaborativo

Dispoñemos de un espazo onde os participantes que desexen intercambiar madeira e obxectos relacionados co torneado poden contactar entre si.