Aviso Legal.

Política de Privacidade

Responsábel do tratamento: Aldeas Artesáns de Galicia, Turismo Rural e Artesanía; S.L. (en diante Aldeas); CIF: B27221209; enderezo postal Lugar de A Fraga, Cazás 27824 Xermade (Lugo); correo electrónico info@casadafraga.com; sitio web www.casadafraga.com
Delegado de Protección de Datos: Vicente Ledo Roca, Lugar de A Fraga, Cazás 27824 Xermade (Lugo); enderezo postal Lugar de A Fraga, Cazás 27824 Xermade (Lugo); correo electrónico info@casadafraga.com; sitio web www.casadafraga.com
Aldeas, como responsábel do sitio web, segundo o disposto polo Regulamento Europeo (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD) respecto a protección dos datos persoais e a libre circulación deles e demais normativas vixentes en materia de protección de datos persoais, e pola Ley 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico informalle que ten implementadas as medidas de seguridade precisa, de índole técnica e organizativa, para garantir e protexer a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos introducidos.

Finalidade do tratamento:
Os seus datos persoais só se utilizarán para as seguintes finalidades:
-realizar as xestión comerciais e administrativas precisas para os usuarios da noso sitio web;
-achegar comunicacións comerciais publicitarias por calquera medio electrónico, telefónico ou físico, sempre e cando o Usuario consinta previa e expresamente o envío;
-responder as cuestións ou informacións precisadas pola-o Usuaria-o;
-realizar as prestacións de servizos ou produtos contratados polo usuario;
-solicitar a súa opinión sobre o servizo prestado;
-comunicarlle as modificacións que podan afectar a política de privacidade, aviso legal ou politicas de cookies.
-cumprir coas obrigas administrativas, fiscais, contábeis e laborais que obriguen as Leis vixentes.
A-o Usuaria-o poderá en calquera momento revogar o seu consentimento remitindo un escrito indicando no asunto “Baixa” a info@casadafraga.com
Aldeas non enviará comunicacións comerciais que previamente non foran solicitados ou autorizados pola-o Usuaria-o.
Non se fará tratamento dos seus datos persoais para ningunha outra finalidade das explicitadas agás por calquera obriga legal; tampouco serán obxecto de tratamentos automatizados que os afecten.
Os seus datos conservaranse mentres dure a relación comercial con Aldeas ou exercite o seu dereito de cancelación, oposición ou limitacións o tratamento.

Lexitimación do tratamento:
O seu consentimento é a base legal para o tratamento dos seus datos en relación as finalidades descritas.
Se vostede non facilita ou acepta a nosa política de protección de datos impídelle subscribirse, rexistrase ou recibir información dos nosos produtos e/ou servizos.
Si existira previamente unha relación contractual entre ámbalas partes, a lexitimación para cumprir coas obrigas legalmente vixentes será a existencia previa da relación comercial existente.

Comunicacións:
Os medios de comunicacións que Aldeas utilizará para comunicarse con Vostede serán os teléfonos corporativos, correos electrónicos da nosa empresa e o noso sitio web. No caso de que nos remita información persoal por calquera medio distinto dos sinalados, Aldeas non terá responsabilidade en relación coas medidas de seguridade que dispoña o medio en cuestión.
Se vostede acepta as presentes condición, termos e políticas conséntelle expresamente a Aldeas realizalas seguintes accións:
-incorporar calquera comunicación remitida os nosos sistemas de información;
-o envío de comunicacións e mensaxes por calquera medio habilitado que lle informe sobre as nosas actividades, novas, servizos, produtos, promocións, publicidade, newsletter;

Cesión ou transferencia de datos persoais:
A nosa empresa non cede, nin cederá, os datos persoais tratados a terceiros nacionais ou internacionais, agás as obrigas legalmente establecidas.

Dereitos das-os Usuarias-os:
Vostede poderanos solicitar mediante un escrito destinado o noso enderezo postal ou enviando un correo electrónico a info@casadafraga.com (indicando como asunto “RXPD, dereitos do afectado” xuntando fotocopia do seu DNI ou calquera medio semellante en dereito tal e como indica a Lei) o exercicio dos seguintes dereitos:
-dereito de acceso: permite a-o interesada-o coñecer e obter información sobre os datos de carácter persoal sometidos a tratamento;
-dereito de de rectificación ou supresión: permítelle corrixir eivas e modificalos datos inexactos ou incompletos;
-dereito de cancelación: permítelle suprimilos datos por inadecuados ou excesivos;
-dereito de oposición: permítelle que non se traten os seus datos de carácter persoal ou que cese o mesmo;
-dereito de limitación do tratamento: marcarase os datos persoais conservados coa finalidade delimitalos seu tratamento no futuro;
-dereito a portabilidade dos datos: facilitaránse os datos tratados a-o Usuarias-os para que poda transmitilos a outro responsábel sen impedimentos;
-dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: evitará que a-o Usuaria-o sexa obxecto de tratamentos automatizados que lle afecten.

A-o Usuaria-o ten dereito a retiralo consentimento prestado en calquera momento. A retirada do consentimento non afectará a legalidade do tratamento antes da retirada do consentimento.

Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control se considera que os seus dereitos con respecto a protección de datos foron vulnerados.

Informacións recollidas:
-formularios de contacto: obtemos a información indispensábel (datos, correo electrónico e número de teléfono);
-redes sociais: Aldeas fai uso de diferentes redes sociais; o tratamento de datos das-os Usuarias-os que sigan as nosas, se liguen ou conecten con elas, rexeránse polas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan a rede social utilizada e aceptadas previamente pola-o Usuaria-o.
Aldeas tratará os seu datos coa finalidade de xestionar correctamente a súa presenza na rede social, informándolle de produtos, servizos ou actividade que organicemos e para calquera outra finalidade que as normativas da rede social permita.
Non se admitirán a publicación de contidos que sexan presuntamente ilícitos segúndo normativas autonómicas, estatais ou internacionais.
Non se permitirán publicacións que atenten contra os dereitos fundamentais das persoas, os que atenten contra a dignidade humana, protección de menores, protección dos consumidores, dereitos de propiedade e aquelas que Aldeas considere que non son ben acaidas (neste caso Aldeas resérvase o dereito de retirar das súas redes sociais ou sitio web os contidos non apropiados).
Sempre que a-o Usuaria-o publique información persoal a través da rede social, Aldeas exímese de calquera responsabilidade sobre as medidas de seguridade da plataforma.

Medidas de seguridade:
Os datos que nos facilite trataranse confidencialmente. Aldeas adoptou medidas técnicas e organizativas que garanten a seguridade no tratamento dos datos e evitan a súa alteración, perda, roubo ou tratamento non autorizado.

Idioma:
O galego será o idioma aplicábel a esta Política de Privacidade, en caso de que houbera algunha contradición en versións facilitadas en outros idiomas prevalecerá o galego.

Lexislación:
A tódolos efectos as relacións entre Aldeas e as-os Usuarias-os dos seus servizos telemáticos están sometidos a lexislación e xurisdición española a que acollen expresamente ámbalas partes sendo competentes para a resolución de tódolos conflitos derivados ou relacionados co seu uso as instancias xudiciais de Vilalba (Lugo).
Aldeas resérvase o dereito a modificala presente política para adaptala as novidades lexislativas.