CONtornos: exposición itinerante de madeira torneada
As pezas son unha representación dos traballos aportados polos participantes nos Encontros de Torneiros que se celebra no mes de setembro, dende fai 17 anos, no Concello de Xermade
Os relatores internacionais que participan nos Encontros, encárganse de facela escolma entre as expostas polos participantes; tanto as técnicas empregadas como materias primas e acabados son moi variados polo que os resultados son sempre distintos e sorprendentes.
Este ano estará montada no Polideportivo Municipal e abrirase o público no mesmo horario que o resto das actividades.
Facer visíbel o oficio achegando as vilas, pobos e cidades a produción máis representativa dos torneiros participantes nos Encontros: pezas senlleiras, creativas, artesanais e de calidade.
Mostrar, diferenciando, os procesos e resultados propios da produción artesanal fronte a industrial, ofrecendo unha explicación convincente e argumentada das diferenzas.