CON9tornos 2015-16.

CONtornos : exposición itinerante de pezas torneadas en madeira.
As obras expostas son froito da escolma entre as presentadas polos participantes nos XV Encontros Internacionais de Torneiros da Madeira que se celebraron perante os días 17, 18, 19 e 20 de setembro de 2015 no Concello de Xermade.
Os protagonistas de CONtornos son torneiros profesionais recoñecidos internacionalmente e afeccionados que, dende o anonimato, axudan a que o torneado se recupere do esquecemento propondo camiños de expresión novidosos e creativos.
Tanto as técnicas empregadas como materias primas e acabados son moi variados polo que o resultado a partires das mesmas madeiras son sempre distintos e sorprendentes.
Preténdese facer visíbel o oficio achegando as vilas, pobos e cidades o traballo máis representativa dos torneiros participantes nos Encontros: pezas senlleiras, creativas e de calidade. Asemade, tentase mostralos procesos e resultados propios da produción artesanal fronte a industrial e promovelos Encontros complementando as aspiracións destes.
A exposición estará aberta o público ate o día 28/04/2016 no CIFP Ferrolterra (Avenida Ramón y Cajal, s/n de O Ferrol dentro das actividades programadas nas XXII Xornadas Técnicas Nacionais Do Profesorado De Madeira que se celebrarán os días 21, 22 e 23 deste mes neste colexio e no CIFP Ortigueira.