Introdución.

Orixes

    O Encontro naceu en 2001 na Aldea Artesán de A Fraga, coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaría, materias e técnicas de traballo para logo dalas a coñecer o maior número de persoas posíbeis.
    Este evento celebrase en Xermade na segunda quincena do mes de setembro coa asistencia de profesionais e afeccionados de todo o Estado e do resto de Europa e incluso de EEUU, Australia e Nova Zelanda.
    Unha das finalidades didácticas que persegue este encontro é divulgalos valores do oficio, algo que está a ter resultados satisfactorios pois o público asistente cada vez ten mais argumentos para diferenciar artesanía e industria.

Obxectivos

    Os Encontros internacionais de Torneiros da Madeira en Galicia son unha iniciativa única na península ibérica que se celebra no Concello de Xermade dende fai 17 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos e trasladar a sociedade as súas orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece.
   Durante catro días reúnense profesionais e afeccionados para compartir sabedoría e experiencia, ao tempo que achegarlle ao público en xeral o mundo da tornearía; duns e doutros depende que non se perdan as técnicas que descubriron e perfeccionaron, o longo de moitos anos, os nosos maiores.
    Se algo se pode sinalar no balance destes quince anos é que tecnicamente houbo unha evolución asombrosa e o salto cualitativo é verdadeiramente notable.

 

Historia do torneado

    Tornear consiste, basicamente, en labrar con diferentes ferramentas un anaco de madeira mentres está suxeito a unha máquina, o torno, que o fai xirar.
    O torneado é unha das técnicas mais lonxevas empregadas para traballala madeira, o parecer de orixe europeo, pois as pezas mais antigas que se coñecen feitas con un torno son etruscas (Centro da actual Italia) do século VIII a.C. e outro do século VI a.C. atopado na Alta Babiera (Sur de Alemaña).
    En Exipto atopouse un baixorrelevo onde se representa a un artesán e o seu axudante traballando nun torno na tumba de Petosiris (necrópole de Tuna el-Gebel, preto da antiga cidade de Jmun) datado polos investigadores entre finais do século IV e comezos do século III a.c.
    En Galicia resulta difícil conseguir probas históricas do seu uso tanto pola ausencia de documentación, como polo tipo de materia prima empregada e os factores ambientais que inflúen na súa conservación